ADMINISTRACIÓN LOCAL. Convocatorias permanentes. Vigo. Pontevedra, Nigrán…

  • OFERTA DE EMPLEO PUBLICA
  • CONVOCATORIA
  • LISTADO DE ADMITIDOS/EXCLUIDOS
  • FECHA DE EXAMEN

REQUISITOS

Título de Graduado en ESO o equivalente

TIPOS EXAMEN

Según convocatoria (modelo Vigo)

PRIMEIRO EXERCICIO.—DE CARÁCTER OBRIGATORIO E ELIMINATORIO
consistirá en contestar por escrito, no tempo que estableza o órgano de selección, a un cuestionario tipo test de 30 preguntas como mínimo, con catro respostas alternativas por pregunta, relacionadas coas materias que integran o programa das bases específicas, que será determinado polo dito órgano inmediatamente antes do inicio do exercicio.
Neste exercicio cada resposta incorrecta penalizará a metade da puntuación de cada pregunta acertada; non se puntuarán as non contestadas. cualificarase cunha puntuación de cero (0) a dez (10) puntos; é necesario para superalo obter un mínimo de cinco (5) puntos.
O órgano de selección, trala análise, número e nivel de coñecementos dos aspirantes presentados, poderá establecer unha puntuación mínima ou nota de corte para superar este exercicio, puntuación que en ningún caso poderá ser inferior a cinco puntos. O acordo que se adopte ao respecto deberá ser publicado e constará na correspondente acta, debendo ser igualmente os aspirantes informados de tal extremo
SEGUNDO EXERCICIO.—DE CARÁCTER OBRIGATORIO E ELIMINATORIO
Consistirá en desenvolver por escrito durante un período máximo de 60 minutos un tema xeral sinalado polo órgano de selección e que garde relación co contido do programa
Os aspirantes terán ampla liberdade no tocante á forma de exposición avaliándose os coñecementos do tema, o nivel de formación xeral e a claridade da exposición. Este exercicio deberá ser lido obrigatoriamente ante o órgano de selección, en sesión pública e puntuarase de cero (0) a dez (10) puntos, sendo necesario para aprobar obter unha puntuación mínima de cinco (5) puntos.
TERCEIRO EXERCICIO.—DE CARÁCTER OBRIGATORIO E ELIMINATORIO
Consistirá nunha proba de coñecementos de informática a nivel usuario de contornos operativos windows, linux ou similares, manexo de ferramentas de ofimática (open office ou similar) e de utilidades básicas de internet nos ditos contornos (navegación, correo electrónico, etc), no tempo que estableza o órgano de selección. cualificarase a velocidade desenvolvida (en atención ó número de pulsacións), a limpeza e exactitude das tarefas realizadas e a corrección que presenten as mesmas, de conformidade cun baremo obxectivo que estableza o dito órgano antes de iniciarse o exercicio, que deberá comunicárselles aos aspirantes no momento de comezar a proba e incluírse na correspondente acta.
A cualificación do exercicio será de cero (0) a dez (10) puntos; queda eliminado/a o/a aspirante que non obteña un mínimo de cinco (5) puntos.
CUARTO EXERCICIO.—DE CARÁCTER IGUALMENTE OBRIGATORIO, AÍNDA QUE O NON SUPERALO, NON IMPEDIRÁ O NOMEAMENTO
Consistirá na realización dunha proba escrita de coñecemento do idioma galego, que se realizará conforme ao previsto na base 10ªdas xerais que determinará o órgano de selección co asesoramento do Servizo de Normalización Lingüística, e avaliarase de 0 a 2 puntos.
O/a aspirante que non obtivese 1 punto como mínimo nesta proba deberá participar no primeiro curso de idioma galego que realice a administración autonómica (Secretaría Xeral de Política Lingüística ou organismo autonómico competente) a fin de obter a debida capacitación.
Estarán exentos da realización deste exercicio os/as aspirantes que acrediten no prazo regulamentario de presentación de instancias, posuír o título cELGa 3 ou equivalente homologado, segundo o disposto na Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (anexo I), aos que se lle asignarán 2 puntos.
A cualificación dos tres primeiros exercicios será de 0 a 10 puntos, quedando eliminado o aspirante que non obteña cando menos 5 puntos en cada un deles. a cualificación do cuarto será de 0 a 2 puntos, de acordo co previsto na base 10ºdas xerais.

TEMARIO

MODELO VIGO
Tema 1. a constitución española de 1978. Principios xerais. Dereitos e deberes fundamentais dos españois. Garantía e suspensión.
Tema 2. a coroa. O poder lexislativo. a elaboración das leis. Os tratados internacionais.
Tema 3. O poder xudicial. O Tribunal constitucional. O Goberno.
Tema 4. O Estatuto de autonomía de Galicia: principios xerais e estrutura.
Tema 5.A administración pública no ordenamento español. administración do Estado. Administración local. administración institucional e corporativa.
Tema 6. Principios de actuación da administración pública: eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación. Sometemento da administración á lei e ao dereito. Fontes do dereito público.
Tema 7. O acto administrativo: concepto, clases e elementos. Validez dos actos administrativos. Execución dos actos administrativos.
Tema 8. Nulidade e anulabilidade dos actos administrativos. a revisión de oficio e a declaración de lesividade. Os recursos administrativos.
Tema 9. O procedemento administrativo: principios xerais e fases.
Tema 10. Formas da acción administrativa. Fomento. Policía. Servizo público.
Tema 11. Réxime local español. Principios constitucionais e regulación xurídica.
Tema 12. O municipio. O termo municipal. a poboación. O empadroamento. Breve referencia á provincia. a súa organización e competencias.
Tema 13. Organización municipal. competencias.
Tema 14. Funcionamento dos órganos colexiados locais. convocatoria e orde do día. actas e certificacións dos acordos.
Tema 15. Outras entidades locais. Mancomunidades. agrupacións. Entidades locais menores. Relacións entre entes territoriais. autonomía municipal e tutela.
Tema 16. Ordenanzas e regulamentos das entidades locais. clases. Procedemento de elaboración e aprobación.
Tema 17. A función pública local e a súa organización
Tema 18. Dereitos e deberes dos empregados públicos locais. Faltas e sancións dos funcionarios locais. O procedemento disciplinario
Tema 19. Facendas locais: clasificación dos ingresos. Ordenanzas fiscais. Réxime xurídico do gasto público local. Os presupostos locais.
Tema 20. Procedemento administrativo local. O rexistro de entrada e saída de documentos. Requisitos da presentación de documentos. comunicacións e notificacións

FUNCIONES

AYUNTAMIENTO VIGO. BOE 8/1. Convocadas 6 plazas de Aux. Administrativo (2 promoción interna).

AYUNTAMIENTO DE PONTEVEDRA (BOP 2/12)
Publicada las bases de la convocatoria de las siguientes plazas:
Auxiliar Administrativo (2 plazas libre y 1 promoción interna).
Oficial electricista (1 plaza)
Oficial jardinero (1 plaza)
Oficial de obras (4 plazas)
Operario (2 plazas).

El plazo de instancias se abrirá una vez se publique la convocatoria en el BOE/DOG.

 

+INFO

Existen grupos de preparación presencial

 

 

Te llamamos gratis

Preinscripción

Solicitud de información

  • Nombre
  • Apellidos
  • TELÉFONO
  • CORREO ELECTRÓNICO
  • PAÍS
  • PROVINCIA
  • MENSAJE